Castelo de Coca

O castelo de Coca é unha fortificación da localidade de Coca (Segovia, Castela e León).

Para os que non o saiban o emperador Teodosio I, nado en 346 e finado o 17 de xaneiro de 395, emperador romano e emperador bizantino de 379 a 395, segundo o bispo Hidacio e mailo historiador bizantino Zósimo tiña a súa orixe na Gallaecia, concretamente no lugar de Cauca.

Atá aló pois chegaba aquela Gallaecia.

O castelo de Coca está situado nos arredores da vila, levántase sobre o meandro do río Voltoya, afluente do Eresma. Construído no século XV sobre unha chaira dunha zona escarpada, é un dos mellores expoñentes da arquitectura gótico-mudéxar española e está declarado Monumento Nacional. Sendo unha das poucas fortalezas de España que non se asenta sobre un cerro.

A súa construción, atribuída a alarifes moriscos, realizouse no século xv principalmente en ladrillo, utilizado non só como material de obra, senón tamén como elemento decorativo; a pedra calcaria aparece nas aspilleras, as columnas do patio de armas e outros elementos decorativos.


O seu sistema defensivo consta de tres partes: o foso e dous recintos amurallados con torreóns. Ademais, dispón dunha ponte defensiva sobre o foso, que conduce ao primeiro recinto amurallado; tras el, rexístrase unha porta rejada que leva ao patio de armas.

Ademais da relación con Galicia polo emperador galego, o castelo pasou en 1451 a ser propiedade de Alonso de Fonseca e Ulloa, e logo do seu sobriño. Tamén no arcebispado de Santiago o sobriño chegou a ocupar o posto do seu tio.

En 1926, o castelo foi declarado Monumento Nacional. En 1931 foi declarado Monumento Histórico Nacional e en 1954 foi cedido ao Ministerio de Agricultura por 100 anos menos 1 día, sendo restaurado entre 1956 e 1958 para albergar a Escola de Capacitación Forestal.

Mais fotos